Visitar a biblioteca municipal de Ponteceso terá agasallo

Concello de Ponteceso

  • O Concello premiará a aqueles rapaces que se acheguen á biblioteca e leven un libro

O Concello de Ponteceso continúa traballando por fomentar a lectura entre a poboación máis nova, e unha das súas últimas accións consiste en dar un presente a aqueles rapaces e rapazas que se acheguen ata as instalacións e leven un libro. Os agasallos repartiranse despois do mércores 20 do outubro con motivo do Día das Bibliotecas que se celebrará o domingo 24.