Visitas a Dombate e espectáculos pechan a programación cultural de verán de Cabana

1 minutes read

O Concello de Cabana de Bergantiños despide esta fin de semana a súa programación cultural estival con tres novas actividades. 

A primeira delas terá lugar este mesmo, venres 25 de agosto, e consistirá nunha visita nocturna guiada no Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate. A actividade será de 23:00 a 24:00 horas e as persoas interesadas poderán inscribirse de balde chamando ao 981 754 020.

O sábado, ás 18:00 horas, celebrarase a derradeira visita teatralizada, tamén no Dolmen de Dombate, por conta de Os Quinquilláns, mentras que ás 20:00 horas a praza do Lodeiro de Canduas acollerá a representación do espectáculo ‘Oh – Pera’.