Visitas guiadas á intervención arqueolóxica do xacemento de Adro Vello, no Grove

Estas visitas, que se repartirán en quendas de 15 persoas, terán lugar durante a xornada de mañá e a do vindeiro venres, día 29. Nestes días, haberá dispoñibles catro sesións, dúas pola mañá e outras dúas pola tarde, cunha duración de 50 minutos. As primeiras serán ás 10,30 e ás 12,00 horas e xa pola tarde as visitas terán lugar ás 17,30 e 19,00 horas.

Os interesados en participar nesta actividade poden apuntarse no correo electrónico  reservas@xeitura.com indicando o seu nome, número de teléfono e horario. Ademais, para asistir recoméndase o uso de roupa cómoda, calzado pechado e gorra.

A zona arqueolóxica de Adro Vello é un espazo único en Galicia que conta cun alto valor patrimonial e unha gran importancia histórica, arqueolóxica, científica e cultural. Tanto é así que hai uns meses iniciouse o proceso para declarar o xacemento Ben de Interese Cultural (BIC) co fin de garantir a correcta conservación dun conxunto clave para comprender o pasado e presente da comarca do Salnés.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha