Visitas guiadas e teatralizadas ao Castelo de Vimianzo pola semana do asalto

1 minutes read
  • As actividades desenvolveranse pola mañá e pola tarde os días 25 de xuño e 3 de xullo

A tan só dúas semanas das grandes festas do Asalto ao Castelo, regresan as visitas guiadas e teatralizadas á singular fortaleza.

Este sábado, ás 11.00 horas e ás 17.00 horas, terá lugar a primeira das visitas. O domingo haberá outra oportunidade pola tarde, á mesma hora, mentres que o 3 de xullo levarase a cabo unha sesión a partir das 11.00 horas.

En canto ás visitas teatralizadas, estas desenvolveranse tamén o 3 de xullo tanto en horario de mañá (12.30 horas) como de tarde (17.00 horas). Os Quinquilláns serán os encargados destas representacións, que se realizarán durante o remate da semana da Revolta.

As persoas interesadas nestas actividades poden inscribirse aquí.