Visto para sentenza o xuízo do «procés»

Despois de catro meses, medio cento de sesións e máis de catrocentas testemuñas, o xuízo finalizou como comezou, cos alegatos dos 12 acusados, que, como xa fixeron hai catro meses, defenderon que foi un xuízo político que os xulgaron polas súas ideas independentistas. A sentenza chegará, probablemente, despois do verán. Enfróntanse a penas de entre 25 e 16 anos de prisión polos delitos de rebelión, sedición, desobediencia e malversación. Se son condenados, os independentistas teñen a vista posta no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos

Os acusados dispoñían de 15 minutos como máximo para o seu alegato final, un alegato en que non faltaron referencias ao tempo que levan en prisión e tamén ás súas familias. O ex-vicepresidente da Generalitat, Oriol Junqueras, foi o primeiro en intervir e tamén o máis breve. En apenas cinco minutos, Junqueras insistiu en que que votar non é delito, que non houbo violencia o 1 de outubro, e que polo tanto tampouco foi unha rebelión.

O ex-conselleiros Raül Romeva, Jordi Turull e Josep Rull cren que este xuízo só prentende escarmentar os independentistas. Jordi Sánchez denunciou o que considera abuso da prisión preventiva.

Tras a intervención de Mundó, o presidente do Tribunal declarou o xuízo visto para sentenza.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha