Visto para sentenza o xuízo pola suposta caixa B do PP


Logo de tres meses de sesións, este mércores, quedou visto para sentenza o xuízo pola suposta caixa B do Partido Popular. O tribunal agora ten que valorar a veracidade dos papeis de Bárcenas nos que o extesoureiro asegurou que apuntaba os movementos desa suposta contabilidade paralela. Bárcenas, que está acusado neste proceso, afirmou que parte deses cartos foron destinados a pagar sobresoldos a cargos do partido e a custear a reforma da sede de Xénova. No xuízo declararon como testemuñas dous expresidentes do partido, 4 exsecretarios xerais e varios exministros. Todos negaron coñecer a existencia da caixa B ou ter cobrado sobresoldos.