Visualiza aquí as comparecencias de Ana Pastor e José Blanco

2 minutes read

Os exministros de Fomento José Blanco, durante o goberno do PSOE, e Ana Pastor, no goberno do PP, compareceron na comisión parlamentaria que investiga o accidente ferroviario ocorrido en Santiago de Compostela o 24 de xullo de 2013, no que morreron 80 persoas e houbo máis de 150 feridos. A comisión do Congreso dos Deputados, que se constituíu en abril de 2018 e que iniciou as súas primeiras comparecencias en xuño do devandito ano, ampliou ata maio os seus traballos co obxectivo de esclarecer as causas do sinistro. Durante case nove meses compareceron case medio centenar de altos cargos do Ministerio de Fomento, Renfe, Adif, así como técnicos e expertos, asociacións de vítimas ou o propio maquinista, que foi dos primeiros en acudir -en xullo de 2018- e asegurou que se tratou de “un accidente anunciado” porque toda a seguridade da liña e na curva de Angrois onde se produciu a catástrofe quedaba “só nas súas mans”.

O socialista di que só se arrepinte de non aceptar antes a comisión de investigación e pide desculpas ás vítimas se iso lles engadiu máis dor, mentres que a popular admite que o seu trato aos afectados puido ser mellor e negou ter obstaculizado as investigacións.

Accede aquí aos vídeos das declaracións de Ana Pastor e José Blanco.

Declaración de Ana Pastor
Declaración de José Blanco
Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?