Un ano máis, Vitaldent afianza o seu compromiso de empresa colaboradora co deporte de base en Carballo, non só polo seu papel de patrocinador coa SD Sofán club de fútbol, senón xogando un un papel máis activo implicándose na responsabilidade de inculcar hábitos saudables na poboación desde idades moi temperás. A xerencia da Sociedade Deportiva Sofán convocou aos seus asociados a unha reunión para comentar os últimos aspectos da súa xestión e o que darán de si os próximos meses. A xornada completouse con dúas charlas sobre saúde infantil dedicadas á alimentación dos máis pequenos, a cargo da experta en Nutrición, María Viña; e ao coidado da saúde bucodental dos reis da casa, grazas á colaboración da doutora Lolymar Rodríguez, odontóloga da clínica Vitaldent Carballo.
