Vítimas e familiares apupan o exdirectivo de Adif á saída de declarar

Andrés Cortabitarte chegaba puntual a declarar ante o xuíz. Está acusado da morte de 80 persoas no accidente do Alvia en Angrois xa que daquela era o xefe de seguridade de ADIF.

Cortabitarte puido declarar xa hai unha semana, como estaba previsto, pero solicitou un aprazamento para recuperarse do golpe que recibiu do pai dunha das vítimas mortais. Respecto a súa declaración, onde maioritariamente volcou a responsabilidade no maquinista, vítimas e familiares conclúen que mentiu e aseguran que non cren «nin unha palabra» da súa declaración.

Á saída, proferiron berros neste sentido, onde foi apupado e producironse alguns altercados onde a policia identificou varias das persoas afectadas que seguen desde os exteriores da Cidade da Cultura o desenvolvemento de cada xornada da vista oral.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha