38
O Calvo Basket Xiria debutou con gañas nesta ilusionante tempada de Liga EBA este domingo, neste caso visitando o Pavillón Municipal do Concello de Ames, onde os santiagueses ofrecían un dos planteles fortes da categoría.
Os carballeses de Héctor Méndez, sen ningún complexo intentaron dar unha nova sorpresa, repetindo vitoria coma o do pasado mes contra este mesmo equipo en Copa Galicia, pero non foi posible. Tras esta derrota por unha marxe moi axustada, 73-66, a vindeira semana o equipo debutará como local en Carballo contra O Porriño Baloncesto.