Vitoria do Calvo Xiria fronte ao Ingenio (30-26)


A remolque comezaba no marcador o Calvo Xiria no partido disputado este sábado no Vila De Noia. O conxunto canario do Balonmano Ingenio mantíña á raia ao conxunto local, pero tan só lle durou tres minutos. A partir de ahí un Calvo Xiria moi enchufado en ataque foi quen de marcar un parcial de superioridade no marcador de 6 goles nos primeiros 20 minutos, pero o Ingenio sacou a relucir a súa mellor versión no xogo para irse en tablas ao descanso, 15-15. Na segunda metade o Calvo Xiria foi claramente superior, tamén cunha bancada moi enchufada, así como o porteiro local Antonio Mato. Ao final 30-26, o Calvo Xiria retoma así a senda da vitoria ante un equipo sempre complicado como é o Balonmano Ingenio.