Vitoria con paradón sobre a bucina, do Calvo Xiria BM

1 minutes read

Partidazo de Balonmán o vivido este sábado en Carballo, o Calvo Xiria, terceiro na táboa de Primeira Estatal Grupo A, medíase ao líder da categoría na clasificación, o Embutidos Lalinense. Ambos os equipos tiraron das suas mellores armas nun encontro moi igualado de principio a fin, aínda que o Xiria foi marcando distancia de ata tres tantos na primeira parte (15-12) no descanso, no minuto sete da segunda metade o conxunto visitante empataba o partido 17-17. A partir de aí o Lalinense lograba mesmo un parcial de dous tantos por encima, pero a contenda resultou igualadísima ata o final, onde sobre a bucina e co marcador 26-25, o porteiro local Santiago Gómez fixo un paradón ante un tiro libre do equipo contrario e os dous puntos brindáronse ao respectable público que case encheu o Pavillón Vila de Noia. A falta de oito xornadas para o peche da tempada, nesta liña, o equipo carballés puido dar un gran paso para pensar nunha nova fase de ascenso a División de Honra Prata.