Vitoria contundente do Calvo Xiria na casa do BM Chapela (19-25)

O Calvo Xiria enfrontouse este sábado ao Rodosa Bm Chapela un rival directo na pelexa polo título a final de tempada e actual segundo clasificado. O equipo carballés conseguiu manexar o encontro sobre todo na segunda metade, polo que segue a liderar a 1ª Nacional de balonmán. Axustado resultado ata o descanso, a donde o Calvo Xiria chegou con dous tantos de vitoria, 9-11. Na segunda metade o conxunto que dirixe Adrián Dubra, imprimiu o seu mellor xogo con ampla superioridade sobre o rival. Ao final, seis arriba para o Calvo Xiria, e nova vitoria, 19-25.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha