Vitoria contundente e gran partido do Calvo Xiria en Bueu (27-36)

1 minutes read

O equipo carballés comandado por Adrián Dubra deu unha gran exhibición de balonmán este sábado en Bueu. Desde unha gran defensa, que sempre facilita o traballo baixo paus, ata a dianteira, pasando por un partidazo de Chimpo (13 goles), tiveron a escena do xogo totalmente controlada. Nunha pista sempre difícil e ante un rival directo o Calvo Xiria foise ao descanso dous arriba, 16-18. Tras a continuación o Bueu, de Luís Montes, tivo os seus bos momentos levando os seus ataques ao límite chegando a reducir a distancia ao mínimo no marcador nos primeiros minutos. Varias maxistrais actuacións de Darío Calviño baixo paus propiciaron o contraataque e o despegamento do conxunto carballés que sumaba dous novos puntos nun partido trepidante, 27-36.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?