Vitoria de Bergantiños e Paiosaco na xornada tres

1 minutes read

O Bergantiños foi claro dominador do partido xogado este domingo en As Eiroas fronte ao Arzúa. O primeiro gol chegaba nunha xogada por banda esquerda que acababa en penalti. Álex Ramos foi o encargado de executalo, Baleato e Cano redondeaban o triplete para deixar ao equipo en postos de play-off con sete puntos. 3-0.

Pola súa banda o Paisaco lograba reencontrarse co seu mellor xogo na casa do Silva, na Grela. O único gol do partido, que decantaba os tres puntos para o Paisaco, chegaba no minuto 42 de partido tras un remate de cabeza de Javi Sande. Con esta vitoria o conxunto larachés queda provisionalmente no posto número 11 da clasificación xeral.

Próximas paradas: Barbadás para o Bergantiños, o Paisaco recibirá na casa a visita do Atlético Arteixo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?