Vitoria do Bergantiños na casa do Leganés B (1-2)


O filial pepinero recibía ao Bergantiños F.C., este domingo ás 12:00 horas, na I.D. Butarque no encontro correspondente á sétima xornada do Grupo 1 de Segunda RFEF. O equipo dirixido por Carlos Martínez buscaba a primeira vitoria como local da tempada tras non poder facelo na última xornada ante o C.D. Palencia Cristo Atlético. Polo que ocupa o oitavo lugar con 8 puntos e un balance de dúas vitorias, dúas derrotas e dous empates. O cadro do Bergantiños F. C. chegaba situado en duodécima posición con 7 puntos, cun balance dunha vitoria, catro empates e unha derrota.

O partido comezou con dominio visitante e de forma positiva para o Bergantiños, que estreou o luminoso por medio dun gol de Anton Escobar no minuto 31, 0-1, resultado co que se chegaría ao descanso.

Aos 13 minutos do segundo tempo chegou o gol para o equipo leganense, que igualou o partido grazas a un tanto de Álex. Ao tentar remar pola vitoria, o conxunto local abriu máis ocos en defensa, momento que o Bergantiños aproveitou para poñerse por diante cun tanto de Yelco Alfaya no minuto 66, acabando o enfrontamento cun resultado de 1-2 no marcador. Con este resultado, o Leganés mantense con oito puntos e o Bergantiños ascende ata os 10 puntos, pensando xa en «que pase o seguinte», que xa será en As Eiroas contra o C.D. Palencia Cristo Atlético.