Vitoria do Calvo Basket Xiria ante o C.B. Costa Ártabra

O Calvo Basket Xiria sumou este sábado unha segunda e importante vitoria consecutiva, a sexta da tempada. Fíxoo na casa do equipo pechacancelas da táboa, o C.B. Costa Ártabra por un resultado de 68-78. O equipo carballés encara así o seguinte partido cun importante refacho, xa que volve disputar a domicilio outro encontro consecutivo, neste caso a próxima fin de semana contra os Santo Domingos de Betanzos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha