Vitoria do Calvo Basket Xiria en Lugo (83-96)

1 minutes read

O Calvo Basket Xiria cultivou este domingo de Entroido unha importante vitoria a domicilio ante un rival directo na competición. Nesta ocasión o conxunto carballés fíxoo no Pazo dos Deportes da cidade da Muralla contra Estudiantes Lugo Río Galicia por 83-96. No partido pertencente á xornada 18 da liga EBA, grupo A-B, os de Héctor Méndez plantáronlle cara ao conxunto local desde o primeiro minuto, o primeiro cuarto terminaba 21-19, pero os carballeses xa dominaban ao descanso 36-39, logo de cinco puntos de vantaxe no segundo, 15-20. Tras a continuación Estudiantes entrou con forza no encontro e dominaba con certa facilidade por momentos, polo que se levou o terceiro, 29-23. Co último cuarto chegaría o empate cun axustado 15-18. Xa na prolongación o Calvo Basket Xiria non daba practicamente opcións ao seu rival gañando 3-16 e levándose o partido.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?