50
O Calvo Basket Xiria entrou con bo pé no seu retorno a Liga EBA, este domingo derrotou ao Universidad de Valladolid (59-78) nun partido celebrado as 13:00 horas no Pavillón vallisoletano Fuente de la Mora. Unha vitoria fora da casa que deixa os ánimos polas nubes na parroquia carballesa, nunha xornada na que debutou tamén o xogador Javi Souto. A volta, semana dura de traballo, este sábado 12 tócalle dalo todo na casa ante a súa afección no Pavillón Vila de Noia, onde chegará como visitante o CAB Obradoiro-Silleda ás 17:30 horas.