Vitoria do Calvo Xiria ante o Luceros, en Cangas


  • O conxunto local, o Luceros, fíxolle corredor ao campión, o Calvo Xiria.

Con todo o peixe da tempada vendido, o Calvo Xiria chegaba ao Gatañal de Cangas como campión de Primeira Nacional, tras o empate do Lanzarote este sábado, e clasificado para a fase de ascenso a División de Honra Prata. En todo caso o conxunto carballés competiu a un moi bo nivel, con superioridade sobre o seu rival, chegando ao descanso con vitoria de 12-16. Na segunda parte un ataque de luxo capitaneado por Edu Cousillas e Gabriel Castiñeiras déronlle ao Xiria unha cómoda superioridade no marcador ao final do partido, 24-29.