Vitoria do Calvo Xiria nun partido moi igualado contra o Carballal


O Calvo Xiria gañou pola mínima (25-24) o partido disputado este sábado no pavillón carballés Vila de Noia ante o Granitos Ibéricos Carballal. Xa estaba no plano que a igualdade fose a tónica dominante do encontro e así foi. Cun resultado ao descanso con vitoria visitante tamén por un tanto 12-13 e destacando o traballo dun veterano da casa como é Chimpo con nove dianas, o Calvo Xiria impúxose na segunda parte envorcando o resultado xa nos primeiros compases da contenda. O equipo carballés mesmo chegou a ter unha renda de tres goles no meridiano desa segunda metade, pero ao final resultado axustado coa presión do Carballal en posesión para empatar, pero non houbo tempo para iso. Unha importante vitoria para ao Xiria para seguir pelexando polos postos de arriba, aínda que fose con moita presión.