Regresou a competición e con ela, o Calvo Xiria recibía ao Automanía Luceros de Cangas este sábado ás 20:00 horas no pavillón Vila de Noia de Carballo. Foi o primeiro partido do ano e o penúltimo da primeira volta. O adestrador do equipo carballés, Adrián Dubra, falaba na previa de recuperar sensacións neste comezo de ano e fíxoo. Partido igualado ao principio, que aos poucos o Calvo Xiria foi dominando, chegando ao descanso con catro goles de vantaxe, 17-13. Melloraría a renda o equipo local nos primeiros minutos da segunda metade, ata unha exclusión de Fran que minguou un pouco a parte defensiva, aproveitando o Luceros para poñerse nuns minutos a dous goles, 22-20, obrigando ao adestrador carballés a solicitar tempo morto. A partir de aí partido moi igualado o Luceros lograba empatar a 26 a falta de 7 minutos para o final. Recompúxose ben o Calvo Xiria nos últimos tamos do partido e tras dúas exclusións seguidas no equipo pontevedrés e sobre a bucina un gran Julián, que se adaptou moi ben ao equipo no seu debut, definía desde os sete metros para establecer o definitivo 33-29, contribuíndo a darlle así unha nova vitoria, merecida e importante, ao Calvo Xiria.