42
Grupo Lemaco Xiria A 42 – Telepizza Arteixo 25 (22-14)
Comezaba esta fin de semana a Copa Sponsor na fase de grupos, o Grupo Lemaco A quedaba encadrado no seu grupo xunto co Grupo Lemaco B e o Arteixo.
Amosouse moi superior o equipo do Xiria que cunha defensa 5:1 avanzada lograba recuperar varios balóns e marcar na contra ante un ataque demasiado pausado do Arteixo, tamén na defensa o rival víase superado polo maior ritmo e superioridade física dos xogadores do Grupo Lemaco que tomaron diferenzas no marcador.
A baixada de intensidade nas defensas levounos a un resultado amplo na segunda metade pese a que o Xiria estivo demasiado errático de cara a gol.