Vitoria do Grupo Lemaco «A» diante do Porriño

1 minutes read

Grupo Lemaco Xiria A 32 – Balonmán Porriño 28 (18-17)

O Grupo Lemaco supera ao Porriño e deixa a súa clasificación para a Final Four pendente da derradeira xornada onde recibirá a visita do Balonmán Cisne que se proclamaba Campión nesta fin de semana.

Partido complicado para o Xiria que perdía efectivos ás portas do fin de semana para poder gañar e seguir aspirando a clasificarse.

Primeira parte igualada de moitos goles, a defensa 5:1 dos locais pagou a falta de intensidade e permitía aos lanzadores do Porriño encarar con éxito a portería, a mobilidade no ataque do Xiria con moitas permutas e cambios de posición tamén superaba a defensa planeada polo rival.

Tras a volta do vestiario o Grupo Lemaco apremou na defensa con maior profundidade mentres no ataque seguía a anotar, o que propiciou que abrise unha distancia no marcador para resolver o partido sen problemas.