Vitoria do Grupo Lemaco “B” na Coruña diante do Oar

1 minutes read
Cedida.

Partido correspondente á terceira xornada da Liga de Prata Cadete disputado no pavillón de san Francisco Xabier (A Coruña).

Oar Coruña  29 – Grupo Lemaco Xiria B 35 (14-22)

Que o segundo equipo cadete do Xiria derrote de maneira clara ao Oar da Coruña ben a falar do bo traballo de canteira que se está a facer en Carballo.

Comezou o Grupo Lemaco sorprendendo en todas as facetas ao seu rival, intenso e presionante dende a defensa e letal nas rápidas transicións e na finalización cara gol, cun 4 a 14 goles aos 15 minutos daba conta do seu rival. Recuperouse da avalancha o Oar e marcaba un 14 a 22 ao descanso.

Saíu o Xiria de vestiarios pensando que acabara o encontro, máis lonxe de eso o Oar foi reducindo e meténdose no partido, arroupando ben ao seu porteiro que empezou a tocar balóns e cerrar a súa portería, chegou a precipitación para os de Carballo que quiseron cerrar o encontro antes de tempo. Achegáronse os coruñeses no marcador pero un esforzo final do Grupo Lemaco dáballe os dous puntos para seguir no alto da clasificación.