O Hierros Varela Urbieta consegue o triunfo diante do Atlético Novás (36-34) e outórgalle o dereito á organización dun dos Playoff para clasificarse á Liga Ouro Cadete Masculino.
Triunfo traballado pero con moitas complicacións para superar a un rival que non se dobregou en ningún momento e que se presentou en Carballo dispoñendo unha defensa 3:3 moi adiantada que facía que o Xiria marcara gol con facilidade pero á vez perdese moitos balóns que convertía o Novás en gol á contra.
En todo momento dominou o marcador o Xiria pero era incapaz de romper o partido ao seu favor, sempre coa ameaza dos rosaleiros que volvían a engancharse cada vez que os locais acadaban 5 ou 6 goles de distancia.
Ao final o bo facer dos xogadores do Xiria permitía administrar o tempo do partido e acadar o importante obxectivo.