Vitoria do Laber Xiria diante do Pabellón Ourense

dpm.

Laber Xiria 36 – Pabellón Ourense  32 (16-16).

Apuraba as súas opcións de meterse no Playoff o equipo ourensán intentando sacar algo positivo de Carballo, pero apesares do bo partido do rival o Laber poido facerse cos dous puntos en xogo.

Primeira metade onde o Laber Xiria amosou excesivas dúbidas en defensa deixando claras opcións de lanzamento ao rival, o 5:1 defensivo local deixaba demasiados espazos e o Pabellón podía marcar con facilidade. No ataque o Xiria mantiña o pulso do marcador anotando sen deficultade, empate a 16 nos primeiros 30 minutos.

Mudou de defensa o Laber a un 6:0 máis pechado, e pronto se viron os resultados, ao Ourense custáballe atopar boas posicións e a lentitude do seu ataque propiciou balóns para que o Xiria demostrase a súa velocidade nos contraataques. Sentenciou o Xiria a 10 minutos do final cun arreón no marcador que foi mantendo ata o final do encontro.