A estimación de voto do CIS di que en España o partido máis votado vai ser o PSOE cunha porcentaxe de entre o 29 e o 31 por cento e que lograría entre 17 e 18 escanos.
O segundo partido máis votado sería o PP cunha porcentaxe de entre o 18 e o 20 por cento, coa que lograría 11 ou 12 escanos.
Ciudadanos sería a terceira forza cunha porcentaxe de voto de entre o 14 e o 16 por cento, e 8 ou 9 escanos.
Unidas Podemos cambiar Europa quedaría cunha porcentaxe de voto de entre o 13 e o 15 por cento e 8 escanos.
Segundo o barómetro do CIS, VOX lograría entrar no Parlamento Europeo unha porcentaxe de voto de entre 7 e o 9 por cento, que lle daría entre 4 e 5 escanos.
E o CIS tamén lle da un escano para Junts, cunha porcentaxe de voto de entre o 1 e o 3 por cento, co que Puigdemont conseguiría o escano.
Os outros catro escanos que lle corresponden a España, repartiríanos Ahora Repúblicas, ás que o CIS lles da 3 e e 1 escano para CEUS.