Vitoria do Grupo Lemaco A no comezo da Liga Ouro
A Liga Ouro Cadete Masculino arrincaba esta semana entre os doce mellores equipos de Galicia, de ela sairán os representantes no Sector Nacional. O Grupo Lemaco Xiria a ben seguro loitará por facerse cunha praza.
Grupo Lemaco Xiria A 52 – Balonmán Carballiño 24 (25-11)
O Xiria impuxo un ritmo altísimo de partido dende o pitado inicial, moita intensidade e ben colocado en defensa era quen de recuperar o balón con facilidade tras asfixiar o xogo do rival e saír en contras letais, no ataque en posición tampouco eran o rival capaz de frear aos xogadores carballeses e o partido ía encarándose a grandes diferenzas no marcador.
Na segunda metade o Carballiño acusou o desgaste físico e quedou a mecede do Xiria que se amosou moi certeiro no lanzamento a gol poñendo un resultado de 52 a 24 goles.
O Grupo Lemaco B moi superior ao Balonmán Viveiro
Grupo Lemaco Xiria B 46 – Balonmán Viveiro 20 (26-9)
Incidencias: Partido correspondente primeira xornada da Liga Prata cadete disputado no pavillón Vila de Noia
Arbitraron: Pablo Barreiro e Renzo Díaz.
Dou comezo esta fin de semana a Liga Prata e o Grupo Lemaco B afrontouse ao Balonmán Viveiro ao que superou dende o primeiro minuto, demostrando que pode ser un dos favoritos do seu grupo para loitar por clasificarse para a fase final.
Saíron os xogadores moi enchufados, imprimindo velocidade nas accións de ataque e con actitude defensiva de anticipación sobre os contrarios, cada recuperación de balón transformábase nunha rápida contra, o Xiria dominaba aos 15 minutos por 14 a 3 goles, e ao descanso 26 a 9.
Tras a volta de vestiarios os numerosos cambios e variantes deron algo de respiro ao Viveiro, pero as diferenzas foron medrando co transcorrer dos minutos para acabar cunha clara vitoria do grupo Lemaco.