Viveiro interésase polo modelo de contratación e servizos que presta Carballo

Carballo conta con dous premios Cegasal: o concedido no ano 2020 ao Concello e o que recibiu no 2022 o alcalde, a titulo persoal, pola súa traxectoria e o seu compromiso co mundo da discapacidade.

A experiencia acumulada desde que no ano 2007 se adxudicou por primeira vez a Aspaber UTE o contrato de limpeza viaria serve hoxe de folla de ruta de numerosos concellos. Este martes recibiu a visita da concelleira de Medio Ambiente, Obras e Mobilidade de Viveiro, Miriam Bermúdez García, que precisamente traía na súa axenda a contratación reservada a centros especiais de emprego para aprender do modelo de Carballo.

Miriam Bermúdez, que estivo acompañada pola técnica de Medio Ambiente, Antonia Prieto González, recibiu todo tipo de información por parte do alcalde, Evencio Ferrero, e dos concelleiros de Obras, Luis Lamas, e Servizos e Medio Ambiente, Miguel Vales, que, tras a reunión celebrada na Alcaldía, acompañáronas nun percorrido por distintos servizos, con especial atención ao de recollida selectiva de residuos orgánicos, no que Carballo tamén foi un concello pioneiro, e o de recollida de cartón pregado porta a porta.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha