Vodafone anuncia o peche das súas 34 tendas propias en España


Vodafone informa que pechará 34 tendas en España nas que traballan un total de 237 persoas. Así o anunciou a compañía aos sindicatos durante a primeira reunión de negociación do despedimento colectivo previsto para 509 persoas. Ditas tendas están nas principais cidades de España, entre elas Madrid, Barcelona, Bilbao, Sevilla, Málaga, Granada, Córdoba e Palma de Mallorca. O anuncio enmárcase nas negociacións do expediente de regulación de emprego (ERE), que, en principio, ía afectar a 515 persoas e está exposto de decembro a marzo. Desde a compañía manifestan que a negociación será con “todas as garantías” que establece a lei para os traballadores e aseguran que o seu obxectivo é chegar ao mellor acordo posible tanto para os empregados como para a empresa.