Envorca un turismo preto da saída 35 da AG-55 en Carballo

0 minutes read

Os servizos de urxencia foron mobilizados pasados seis minutos das 12 do mediodía deste luns por un accidente de tráfico con feridos no punto kilométrico 35, próximo á saída 35 da AG-55, entre os concellos de Coristanco e Carballo. Como consecuencia do sinistro un turismo todoterreo quedou envorcado ocupando parte do carril dereito de circulación sentido Baio. Unha persoa resultou ferida. Ao lugar tamén acudiu a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autoestrada.