Volcán na Palma | Máis de 5.500 evacuados e un cento de casas arrasadas

A erupción do volcán Cumbre Vieja na illa da Palma obrigou ao desaloxo de polo menos 5.500 persoas e arrasou ao redor dun centenar de vivendas. O director do Pevolca (Plan de Emerxencias Volcánicas de Canarias), Miguel Ángel Morcuende, asegurou que de momento non cren necesarias máis evacuacións. Algúns desaloxados ven como as coadas de lava avanzan inexorables cara ás súas casas.

Varios apostábanse xunto á estrada LP-3 en Tajuya, xunto á localidade de Tamanca, co volcán a un par de quilómetros. Os desaloxados agradeceron a asistencia da Cruz Vermella e das administracións. O presidente do Cabildo asegurou que a coada de lava ten «de media» seis metros de altura.

En principio, os gases serían o maior perigo potencial para a poboación palmeira, especialmente as emanacións de xofre e dióxido de carbono. A nube xerada polo volcán é basicamente vapor de auga, pero con altas concentracións destes gases, poden causar problemas respiratorios se se entra en contacto con eles.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha