O presidente ucraíno, Volodímir Zelensky, criticou duramente esta fin de semana a Estados Unidos polas súas dúbidas á hora de fornecer avións de combate. Tamén se reuniu coas forzas ucraínas que defenden Mariúpol e púxoas como exemplo de valor. “Hoxe falei cos defensores de Mariupol. Estou en contacto permanente con eles. A súa determinación, heroísmo e firmeza son asombrosos. Estou agradecido a todos os defensores. Oxalá os que levan 31 días analizando como entregar decenas de avións e tanques tivesen un 1% do seu valor”. Mentres se reinician as negociacións este luns en Turquía, cidades como Mariúpol abren novos corredores humanitarios. O alcalde da cidade sureña acusou ao presidente ruso de “xenocidio” e de querer “borrar a cidade da face da terra”.
24