Volta ciclista a Galicia O Gran Camiño | Escaparate do Xacobeo e de Galicia como destino seguro


A Xunta apoia a volta ciclista a Galicia O Gran Camiño como escaparate do Xacobeo e de Galicia como destino seguro. Con esa finalidade, o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o representante de EZE Mosquera Events, Ezequiel Mosquera, asinaron un convenio de colaboración para a celebración da carreira, que terá lugar do 24 ao 27 de febreiro do 2022. O acto tamén contou coa presenza do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete.

A Xunta apoia a celebración da carreira ciclista na que a organización promoverá a marca Galicia como destino seguro e o Xacobeo 21-22. A entender de Alfonso Rueda, deporte e turismo unidos dan como resultado beneficios moi importantes para a economía galega”, e máis tendo en conta que o evento deportivo vaise celebrar en temporada baixa.

O secretario xeral salientou a importancia de que Galicia volva a ter una proba ciclista profesional, como o foi a Volta a Galicia entre 1933 e 2000 e que chegou a gañar no ano 1995, Miguel Indurain. A posibilidade de que os mellores ciclistas veñan á nosa terra “para baterse en duelos inesquecibles nos mellores escenarios”, permite que Galicia poida amosar a millóns de espectadores “as súas paisaxes, as súas cidades, os seus activos turísticos, culturais ou industrais e o Camiño de Santiago que vertebra a nosa idiosincrasia e a nosa relación con todo o mundo”. Neste sentido destacou as 33 etapas galegas da Vuelta a España nos últimos dez anos, os máis de 10.000 peregrinos que fixeron o Camiño en bicicleta no que vai de 2021, os cinco centros BTT cos que conta Galicia ou o incremento do número de ciclistas en Galicia desde a pandemia.