Volve a “Primavera en ruta” de Senda Nova

Senda Nova

A asociación ambiental Senda Nova de Carballo presentará este martes, 13 de abril, a XII edición de “Primavera en ruta”: unha programación co obxectivo de descubrir o valor patrimonial e cultural da comarca a través de actividades ao aire libre.

A presentación terá lugar nos exteriores do Espazo da Natureza de Oza ás 20:00 horas. O aforo será limitado debido ás restricións vixentes pola Covid-19.