22
Este voluntariado inclúe, entre outras iniciativas, a posta en marcha dun punto de información ao peregrino na reitoral de Sigrás, que está sendo xestionado polos voluntarios. Estas iniciativas achegan valor á sociedade galega e a importancia de promover os diferentes tramos do Camiño de Santiago.
Esta iniciativa combina o voluntariado xuvenil e o voluntariado sénior, xa que está dirixido a ambos os dous colectivos, tanto para persoas de entre 16 e 30 anos como para os maiores de 55. De feito, esta combinación é un dos obxectivos deste voluntariado: fomentar e incentivar a iniciativa social para todos os públicos e desta forma achegalos ao patrimonio cultural deste municipio.