Volve a Carballo Derrubando Muros con Pintura | Edición Verán


Trátase dun espazo no que acoller ás e aos artistas locais de Carballo e a Costa da Morte para que creen novas obras de arte nos muros da localidade. Esta vez serán Andrés Urbieta, Nerea Barrientos, Nerea Vilariño e Viki Rivadulla as encargadas de aumentar a colección de arte urbana, sumándose a Nazaret Franco, Tucho, Nere Rama e Isa Bermúdez que foron os pioneiros en 2021 nesta edición estival deste programa de arte pública. Este ano todos os murais estarán situados na contorna do Parque Rego da Balsa e a antiga estación de autobuses. Ademais de ter a oportunidade de ver a estes novos creadores e creadoras pintar en directo mentres constrúen as súas obras, durante estes doce días de pintura tamén haberá outras actividades organizadas ao redor da arte e a cultura urbana: charlas, talleres, concertos… Todas as actividades son de acceso gratuíto para quen desexe asistir.