Nesta fin de semana, descansan os equipos femininos sénior DIMOLK BASKET XIRIA e cadete XESTORIA QUEIJO XIRIA ARTAI. Mentres que o sénior masculino CALVO BASKET XIRIA, retoma a competición logo dunha xornada de descanso polo Entroido, recibindo en Carballo, sábado 17h no Pavillón Vila de Noia, ao conxunto olívico do Syngentia Seis do Nadal, no que de seguro se vivirá un emocionante encontro entre dous equipos chamados a pelexar polos primeiros postos de clasificación nesta 2ª fase da 1ª División Masculina.
En categoría cadete, o masculino ORTODIX BASKET XIRIA, recibe ás 12h no Pavillón Vila de Noia ao Compañía de María. Mentres que o cadete feminino de DENTAL NOA GARCIA XIRIA visitará a cidade herculina para xogar no Pavillón de Cocheras contra o BV Asesores Los Rosales, o sábado 5 as 18h.
O equipo INFANTIL BASKET XIRIA, terá unha dobre xornada na que xogará dous partidos en Carballo co club amigo CB Artai. O primeiro encontro será como local o venres 4 ás 20h, no Pavillón Parga Pondal e … sen descanso, o sábado visita a pista colexial do Pavillón Monte Neme ás 12h
No reso de categorías de base, os equipos MINIBASKET e PREMINI voltan os tres a competir, como de costume, en “sistema concentración” na Coruña (Pavillón AGRA II) e tocan todos en domingo día 6 á tarde, polo que haberá un remate de fin de semana repleto de #BALONCESTO.