viernes, 29 mayo , 2026

Volve a Corme o Mercado Artesán «Marusía»

1 minutes read

Logo do éxito acadado o pasado mes de xuño, Corme contará cunha nova edición do Mercado Artesán «Marusía». O vindeiro sábado 24 de xullo celebrarase o mercado organizado pola asociación Mulleres do Pobo e coa colaboración do Concello de Ponteceso.

Esta segunda edición de Marusía abrirá a partir das 11:00 horas no Xardín Vello. Ademais do mercado, están programadas diversas actividades paralelas que terán lugar en diferentes puntos da localidade.

Todas as persoas que visiten o mercado artesán, nenos e nenas e adultos, poderán participar dunha clase de ioga á beira do mar, de música e mesmo dun monólogo, entre outras actividades.