Volve a danza contemporánea á Costa da Morte

1 minutes read

A área de Cultura da Deputación da Coruña pon en marcha a segunda edición do proxecto ESCORA que, durante as dúas primeiras fins de semana de xuño, achegará a danza contemporánea á Costa da Morte. A veciñanza poderá gozar do traballo de varias compañías galegas de danza contemporánea en espazos públicos, mais nesta segunda edición o programa de actuacións compleméntase cun traballo de mediación con diferentes colectivos e asociacións locais que xa leva realizándose ao longo dos últimos meses e que permitirá que centros de ensino, entidades locais e asociacións formen parte do programa de actividades. O programa de actuacións por parte de compañías profesionais comezará en Carnota o venres 9 de xuño, continuará o sábado 10 en Mazaricos, o venres 16 en Ponteceso, o sábado 17 en Camelle, Camariñas, e rematará o domingo 18 en Carballo.