Volve a estar vixente o toque de queda

Rematou a liberdade de movementos que a Xunta estableceu para as reunións familiares en Noiteboa e Nadal. A partir das once da noite do pasado venres volven a estar vixentes os peches perimetrais establecidos pola Xunta para frear o avance da pandemia, que dende o pasado día 23 se flexibilizaran para permitir os reagrupamentos familiares. A esa mesma hora entrou tamén en vigor o toque de queda. 
A Delegación do Goberno informou que os dispositivos establecidos pola Garda Civil e a Policia Nacional en Noiteboa alcanzaron a máis de catro mil persoas e preto de 3.400 vehículos. Levantaron 170 propostas de sanción, unha cifra que desde a Delegación do Goberno valoran en positivo, xa que supón menos dun cinco por cento do total, o que demostra un alto grao de cumprimento das restriccións en Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha