Volve a Festa da Carballeira de Baio

Como vén sendo habitual, o último domingo do mes de xuño, o día 26, volve a Festa da Carballeira de Baio. E como non podía ser doutra maneira, haberá música durante todo o día. 

A festa da Carballeira comeza cunha sesión vermú que amenizarán o Trío Arena e o Dúo D’Festa. De animar a sobremesa encargarase a Charanga Santa Compaña. E xa pola tarde volverán a actuar o Trío Arena e o Dúo que tocarán ata ben entrada a noite. Os grupos de música tradicional da Asociación Cultural Adro tamén tocarán algunha peza ao longo da xornada festiva.

A organización da Festa da Carballeira de Baio corre a cargo do Concello de Zas que conta coa colaboración da Asociación Cultural Adro e da Comisión de Festas de Baio. Co fin de  preservar a carballeira e a súa contorna e para que todos e todas os asistentes gocen da festa, non está permitido facer lume no chan, instalar carpas pechadas nin usar equipos musicais.  

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha