Volve a gastronomía de altura a Muxía coa reapertura de “A de Loló”

Tras un merecido descanso, este mércores 15 de xullo volve poñerse en marcha un dos restaurantes de referencia na Costa da Morte. Muxía pode presumir de novo da alta cociña coa reapertura, con todas as medidas de seguridade, do restaurante A de Loló.

Co estilo que sempre o caracterizou por usar pruductos da zona de primeira calidade, co complemento dunha exquisita cociña e nunha contorna super acolledora para comer ou cear en Muxía. Entre as referencias gastronómicas destacan os peixes e mariscos frescos, carnes, arroces, todo en cociña tradicional, pero cun toque de vangarda e ademais a especialidade da casa, as “gambas A de Loló”.

A maiores do restaurante, A de Loló, dispón de hotel e bar cunha ampla terraza. O hotel é moderno e funcional pensado para hóspedes de espírito dinámico que buscan unha contorna apracible, sen renunciar ao confort e a boa estancia. A uns pasos do Océano Atlántico e de lugares icónicos como o santuario dá Virxe dá Barca e os numerosos e espectaculares miradoiros que balizan a península muxiá. https://www.adelolo.com/

Promo “A de Loló”.