Volve a PLIC, a renovada Praza dos Libros de Carballo, do 6 ao 9 de xullo

2 minutes read

Este ano, a extensa programación que se dará a coñecer nos vindeiros días, arrincará o xoves 6 de xullo no xardín municipal co pregón da escritora María Lado Lariño (Brens-Cee, 1979).

A súa historia literaria comezou no seo do Batallón Literario da Costa da Morte, onde participou das tres antoloxías poéticas editadas do colectivo. Como poeta ten publicado seis libros individuaisA primeira visión (Letras de Cal, 1997), casa atlántica casa cabaret (Xerais, 2002),berlín (Concello de Santiago-El Correo Gallego-Aelg),Nove (Ed. Fervenza, 2008),Amantes (Ed. Caldeirón, 2011) e oso, mamá, si? (Xerais, 2015), escollido como mellor libro de poesía na I Gala do Libro Galego. Tamén é autora do conto para nenos Porque Cuqui non quere ir á lavadora (Apiario, 2014), da novela para público xuvenil Entre os dous hai un río (Ed. Elvira 2016) e do libro de poemas para crianzas 5 minutos (Auga Editora, 2017).

Textos seus foron traducidos e publicados para antoloxías ao castelán, portugués, catalán, ruso, croata e irlandés. Outros aparecen en discos como o CD Pensando Nelas, editado pola Universidade do País Vasco e o Centro de Estudos Galegos, o primeiro disco de Igmig, Shaishakarraskaishe, ou nos documentais Redeiras (X. H. Ribadulla Corcón) e Tecendo o fío da memoria (María Reimóndez). É guionista da radionovela Novembro, e tamén realizou a adaptación e dirección das versións teatrais de varios contos.

En ocasións tamén sobe ás táboas como actriz. En teatro traballou na montaxe Oeste Solitario, de Producións Teatrais Excéntricas, baixo a dirección de Quico Cadaval, e tamén é unha das actrices da película Kauflanders de Olaia Sendón. Ademais, dende o ano 2005 mantén coa poeta Lucía Aldao varios recitais escénicos baixo o nome Aldaolado.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?