- A ruta de tapas, a dous euros cada unha, desenvolverase nos establecementos locais do 13 ao 15 de maio
Xa hai data para a VI edición de Malpica sabe a mar: 13, 14 e 15 de maio. Organizada pola Concellaría de Promoción Económica, o encontro volverá enlazar tres sectores fundamentais da economía local como son a pesca, a hostalaría e a olaría.
Os asistentes poderán gozar de tapas a 2 euros, sorteos e moita animación. Participan: Taberna do Lesto, Bar Arcos, Bar Dársena, Bar O Pescador, Café Bar Humbolt, Café Bar Ibarra, Café Bar Pepucho, Café del Mar, Cafetería JB, Cafetería Santiago Apóstol, Larada Bar, O cornecho de Tano, Restaurante O Burato e o Restaurante San Francisco.
Desde a Concellaría destacan que «debido a gran acollida destas actividades xa se está traballando nunha nova convocatoria para o mes de outubro». Unha iniciativa que se sumará a outra campaña co sector da alimentación.