Tras a parada pola pandemia volve a Silleda a Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, a segunda máis importante do Estado. Volve con forzas renovadas e coa expectativa de superar os 18.000 visitantes que tivera na anterior edición.
É un lugar onde palpar as novidades en maquinaria, en robótica e xenética. Todas as innovacións que poden contribuír ao desenvolvemento do sector agropecuario.
Tamén se desenvolven relatorios, debates e reflexións sobre o que debe ser o futuro do sector en Galicia e que, segundo as directrices que marca a Unión Europea, debe pasar pola sostibilidade, as enerxías renovables e o benestar animal.
Paralelamente desenvólvense xornadas informativas sobre a incorporación dos mozos ao medio rural ou sobre eficiencia enerxética.