Volve aos colexios carballeses o programa ‘Escola de familias’ da asociación Vieiro

Imaxe dunha das sesións do programa 'Escola de familias'_Vieiro

  • Entre algúns dos contidos do curso figuran a autoestima, a xestión de emocións, a sexualidade ou as técnicas de estudo

A asociación Vieiro, dentro da programación ‘Prevención no ámbito familiar’, volve a convocar a ‘Escola de familias’ a través de todos os colexios e institutos do municipio de Carballo co obxectivo de «informar e formar a pais, nais e persoas con responsabilidade familiar á hora de desempeñar a labor de educadores/as», sinalan desde a organización. Este programa é totalmente gratuíto e poderán solicitalo as ANPAS e centros educativos, así como os pais e nais a nivel persoal.

Os grupos que se formen asistirán durante oito meses a sesións impartidas por psicólogas e educadoras desta entidade nas instalacións dos centros ou noutro local a petición dos usuarios.

Entre algúns dos contidos do curso figuran a autoestima, a xestión de emocións, a sexualidade, técnicas de estudo, adicións ou trastornos infanto-xuvenís.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha