Volve o Campamento de Nadal de Escolas Balonmán Xiria


O campamento celebrarase do 27 de decembro ao 7 de xaneiro (agás festivos) nas instalacións do CEIP Fogar de Carballo. O horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas está pensado para favorecer a conciliación familiar así como para promover un ocio activo e saudable para os pequenos e pequenas da casa durante as vacacións de Nadal. Unhas mañás de diversión nas que poderán facer actividades deportivas, obradoiros, multixogos e moitas máis actividades. Ademáis, nesta nova edición, todos os participantes terán 1 agasallo sorpresa. Máis info e inscricións na páxina web www.balonmanxiria.com/campamentodenadal/