Volve o Campamento de Nadal de Escolas de Balonmán Xiria

Xunto coa colaboración de Greenalia, volve o Campamento de Nadal de Escolas de Balonmán Xiria para que os peques desfruten das vacacións de Nadal facendo novas amizades co deporte, obradoiros e moitos xogos. O campamento terá lugar do 26 de decembro ao 5 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 horas no Pavillón CEIP Fogar de Carballo e será para nenos e nenas nados de 2011 a 2018 (ambos incluídos). Actividades adaptadas a cada franxa de idade basadas nun ocio activo e saudable que favoreza, á vez, a conciliación familiar. Inscricións abertas ata o 12 de decembro a través da páxina web de Escolas Balonmán Xiria.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha